HomeOurenseOurenseUnha manifestación ocasionará cortes puntuais de tráfico hoxe desde as 20.00 h...

Unha manifestación ocasionará cortes puntuais de tráfico hoxe desde as 20.00 h en diferentes rúas do centro da cidade

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que diferentes rúas do centro da cidade terán cortes puntuais de tráfico a causa da manifestación que hoxe, día 15 de maio, desde as 20.00 horas, transcorrerá desde o Parque de San Lázaro até a Praza Maior, pasando polas rúas Cardeal Quevedo, Habana, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Bedoya, Avenida de Buenos Aires, Concordia, Progreso, Avenida de Pontevedra e Lamas Carvajal.

Estas vías pecharanse de forma puntual para que a manifestación se poida realizar dentro das marxes de seguridade esixidos. A medida que pasen as persoas participantes, reanudarase o tráfico.

Publicacións Relacionadas