O Concello de Cuntis presenta a programación do Día da Muller cunha andaina como gran novidade

adminON
Lectura mínima de 5

∙ A camiñata terá lugar o venres, ao igual co resto de actividades, con saída ás 17.30 horas desde as inmediacións da Biblioteca Municipal

∙ O alcalde , Manuel Campos, e a edil de Igualdade, Ana Loureiro, animan á cidadanía a participar para visibilizar o compromiso da sociedade cuntiense na loita contra o machismo

O Concello de Cuntis vén de presentar as actividades coas que se conmemorará o vindeiro venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Ao longo desa data está previsto que se desenvolva a programación deseñada polo Goberno local, a través do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Tal e como explicaron o alcalde, Manuel Campos, e a edil de Igualdade e Servizos Sociais, Ana Loureiro, a principal novidade nesta edición será a celebración da I Andaina da Muller. As inscricións poden realizarse na páxina web do Concello (www.concellodecuntis.org). A saída está prevista para as 17.30 horas, desde as inmediacións da Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres. Trátase dun roteiro que atravesará o núcleo da vila. Unha vez finalizado, ás 19.00 horas procederase á lectura do manifesto elaborado con motivo do 8 de marzo, así como unha actuación a cargo do Coro Son Elas no Centro Socio Cultural

O CONCELLO DE CUNTIS PRESENTA A PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER CUNHA ANDAINA COMO GRAN NOVIDADE 

A camiñata terá lugar o venres, ao igual co resto de actividades, con saída ás 17.30 horas desde as inmediacións da Biblioteca Municipal 

O alcalde , Manuel Campos, e a edil de Igualdade, Ana Loureiro, animan á cidadanía a participar para visibilizar o compromiso da sociedade cuntiense na loita contra o machismo 

Cuntis, 5 de marzo de 2024.- O Concello de Cuntis vén de presentar as actividades coas que se conmemorará o vindeiro venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Ao longo desa data está previsto que se desenvolva a programación deseñada polo Goberno local, a través do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Tal e como explicaron o alcalde, Manuel Campos, e a edil de Igualdade e Servizos Sociais, Ana Loureiro, a principal novidade nesta edición será a celebración da I Andaina da Muller. As inscricións poden realizarse na páxina web do Concello (www.concellodecuntis.org). A saída está prevista para as 17.30 horas, desde as inmediacións da Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres. Trátase dun roteiro que atravesará o núcleo da vila. Unha vez finalizado, ás 19.00 horas procederase á lectura do manifesto elaborado con motivo do 8 de marzo, así como unha actuación a cargo do Coro Son Elas no Centro Socio Cultural Patelas.

No caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan, a lectura do manifesto levarase a cabo ás 12.00 horas ás portas da Casa Consistorial, tal e como é habitual. 

Tanto o alcalde como a responsable de Igualdade fan un chamamento ao tecido veciñal e asociativo do municipio para que se implique na participación da andaina como de todo o programa, para “dar visibilidade e escenificar a unión do noso pobo contra a lacra social do machismo e para reivindicar unha sociedade en igualdade para todos e todas”.

Patelas. No caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan, a lectura do manifesto levarase a cabo ás 12.00 horas ás portas da Casa Consistorial, tal e como é habitual.
Tanto o alcalde como a responsable de Igualdade fan un chamamento ao tecido veciñal e asociativo do municipio para que se implique na participación da andaina como de todo o programa, para “dar visibilidade e escenificar a unión do noso pobo contra a lacra social do machismo e para reivindicar unha sociedade en igualdade para todos e todas”.

Comparte este artigo