O PP solicita ao Estado no Congreso que presente novas alternativas ao trazado proposto para a A-52, que levaría por diante máis de 50 vivendas e 400 inmobles veríanse sumamente afectados

adminON
Lectura mínima de 4

● A alternativa que o Goberno de España entende como a máis recomendable require a ampliación da A-52 ata Vigo coa execución dun túnel, e isto conleva un altísimo impacto territorial, ademais do corte de vías municipais e múltiples afeccións a viadutos e augas.

● Este anuncio xerou unha importante preocupación nos concellos afectados. Hoxe en día presentáronse máis de 30.000 alegacións ao proxecto.

● “Por encima, a obra proposta conta cun alto valor económico de execución, que alcanza preto de 400 millóns de euros”, indicaron os populares.

O Grupo Parlamentario Popular no Congreso, rexistrou unha Proposición non de Lei relativa ás alternativas ao proxecto de trazado do futuro tramo da autovía A-52 para conectar O Porriño e Vigo, para o seu debate na Comisión de Transportes e Movilidad Sostible, ademais de solicitar tamén a inmediata liberalización da peaxe no tramo Porriño-Puxeiros da AP-9 que transcorre alternativamente á autovía A-55.
A deputada Irene Garrido lamentou que o trazado elixido polo Ministerio levaría por diante directamente máis de 50 vivendas e deixa unha importante afección a máis de 400 inmobles. Ademais, o impacto afecta a chan urbanizable e industrial e inclúe o corte de vías estructurantes e múltiples afeccións a viadutos e cursos de auga, polo que é imprescindible revisar o trazado para minimizar os danos ao territorio.

“Este anuncio xerou unha importante preocupación nos concellos afectados. #Ante esta situación, foron moitas as reaccións veciñais e de administracións locais, así como da Xunta de Galicia, do Parlamento de Galicia e da Deputación de Pontevedra, así como as máis de 30.000 alegacións ao proxecto presentadas polos veciños afectados”, indicou a deputada pontevedresa.

Por tanto, todos os deputados galegos demandan ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible que, con carácter urxente, propoña novas alternativas ao trazado proposto da A-52 pola grave afección que provoca a parroquias de Vigo como Bembrive, e de Mos como Sanguiñeda, Petelos, Pereiras e Tameiga, a efectos de buscar unha solución definitiva e a longo prazo.

Demandan tamén ao Goberno de España a transferencia da titularidade da AP-9 nos termos previstos na proposición de lei Orgánica aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e a iniciar, con carácter inmediato, negociacións coa concesionaria da autoestrada AP-9 o fin de, a maior brevidade, liberar de peaxe o tramo Vigo-Porriño, para abordar de maneira urxente a seguridade da autovía A-55, por ser a solución máis rápida, inmediata e economicamente máis viable ao problema da sinistralidade nesta vía.

Os populares galegos esixen ao Goberno de España a inmediata apertura dun período de interlocución, institucional e técnica, con todos os concellos afectados para definir a actuación de modo que sexa respectuosa co territorio, socialmente viable e supoña unha infraestrutura idónea e segura para a mobilidade da zona.

“É incomprensible que o Goberno só haxa considerado a opinión do concello de Vigo na definición da súa alternativa, excluíndo ao resto dos municipios afectados, o que compromete a viabilidade social e ambiental do proxecto. E resulta moi estraño que na análise de alternativas do estudo de impacto ambiental non se introduciu a variable de liberación da peaxe da autoestrada da Atlántico AP-9 dado que é evidente que é unha posibilidade que se está xa levando a cabo, por exemplo, nunha situación análoga como é o tramo da circunvalación de Alacante da AP-7, indicou Irene Garrido

Comparte este artigo