• As participantes aprenderon técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais e tamén nocións de protección xurídica
Un total de 26 mulleres de diferentes idades participaron hoxe na primeira quenda do curso de defensa persoal feminina que organiza o Concello do Porriño, a través da súa concellería de Igualdade, e en colaboración coa Policía Local.
A actividade conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración con axentes la policía local, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais. Nesta edición, contan tamén cunha introducción teórica na que o maxistrado Juan José Trashorras, aborda a protección xurídica e explica, entre outras cuestión, as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza.
Na quenda de hoxe participaron tamén as concelleiras de Igualdade e Infancia, Carolina González e Rosa Isabel Alonso, que xunto co resto de compañeiras iniciáronse nas diferentes técnicas de defensa. As representantes municipais destacaron que se trata de información moi práctica para a vida cotiá das mulleres e moi necesaria, xa que pode servir para salvar a nosa vida.
As seguintes quendas serán os días 20 e 27 de abril, de 10 a 13 h no pavillón municipal. Dende o Concello do Porriño lembran que no é necesario inscribirse previamente, só acudir á hora de entrada con roupa cómoda e ganas de aprender.

