41 nenos e nenas participan no programa de Conciliación de Semana Santa 2024 do Concello de Baiona

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Baiona realizou durante Semana Santa o programa de Conciliación no que participan 41 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumpre unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

Así, o 25, 26, 27 de Marzo e 1 de abril de 2024 no CPI Cova Terreña os nenos e nenas participantes gozaron coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades.

O programa de Conciliación Semana Santa 2024 tivo unha gran acollida entre as familias do municipio.

A actividade esta cofinanciada polas familias e pola Conselleria de Promoción de Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

Comparte este artigo