700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

adminON
Lectura mínima de 3

–          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos

–          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo antes do comezo das probas

Un total de 700 participantes consta a día de hoxe que sairán o vindeiro domingo do Pazo de Mos para formar parte da 3ª edición da carreira e andaina popular do Concello de Mos CorreMos contra o Cancro. 400 persoas participarán na andaina, cifra que aínda pode medrar, xa que os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo antes do comezo das probas. Pola súa banda, nas carreiras de adultos participarán un total de 180 persoas, e nas de categorías infantís farano 120 nenos e nenas.

Trátase este dun evento deportivo solidario e benéfico, xa que o recadado coas inscricións será en beneficio da Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro.

Os atletas colaboradores na organización do evento deportivo e padriños do mesmo dende a súa 1ª edición, son a mosense Verónica Romero e Carlos Adán.

Cómpre destacar sobre esta terceira edición de CorreMos contra o Cancro unha novidade incluída este ano que consiste en que ademais da andaina de 7 km e a carreira de 10 Km, haberá tamén unha carreira de 5,4 km que era algo moi demandado polo público participante.

A III CorreMos contra o Cancro celebrarase o domingo 23 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos e incluirá modalidade de adultos e modalidade infantil.

–              HORARIO MODALIDADE ADULTOS:

o             10:00 H • CARREIRA 10 KM (prezo da inscición: 10€)

o             10:00 H • CARREIRA 5,400 KM (prezo da inscición: 10€)

o             10:20 H • ANDAINA 7 KM (prezo da inscición: 5€)

–              HORARIO MODALIDADE INFANTIL:

o             11:45 H • CATEGORÍA MINIONS (nacidos 2012 – 2015) 1,5 km (prezo da inscición: 3€)

o             12:10 H • CATEGORÍA PATRULLA (nacidos 2016 – 2019) 500 mts (prezo da inscición: 3€)

o             12:30 H • CATEGORÍA POCOYÓ (nacidos 2020 – 2022) 120 mts (de balde)

Comparte este artigo