Directora de efeminista.com, o portal de Iguladade da Axencia EFE, porá o foco en cuestións como a necesidade dun periodismo con perspectiva de xénero ou o tratamento informativo da violencia machista
A cita será o vindeiro mércores 12 de novembro, ás 19.30 horas, no vestíbulo da Casa da Luz e estará conducida pola xornalista Diana López
A xornalista Macarena Baena convidaranos a reflexionar sobre o binomio violencia machista e medios de comunicación nunha nova quenda dos Faladoiros Feministas organizados ao abeiro da campaña municipal do 25-N (Día Internacional contra as violencias machistas) que promove a Concellería de Igualdade.
A cita é o vindeiro mércores 12 de novembro, ás 19.30 horas, no vestíbulo da Casa da Luz.
Será unha conversa-coloquio na que se porá enriba da mesa cuestións como: a necesidade de formar ás/ós xornalistas na perspectiva de xénero, o tratamento mediático das violencias machistas, a protección informativa das vítimas, a credibilidade e percepción social da muller -tan só un 30% das fontes informativas son mulleres- ou a aposta pola igualdade, un camiño con atrancos pero sen marcha atrás. O acto estará conducido pola xornalista Diana López.
Macarena Baena suma máis de tres décadas adicada ao xornalismo na Axencia EFE, e desde o ano 2020 dirixe o seu portal de Igualdade efeminista.com, un proxecto multimedia que nace co fin declarado de velar polos dereitos das mulleres e nenas, loitar contra as violencias machistas, reivindicar o feminismo e dar visibilidade a todas as mulleres que constitúen un referente para a sociedade.
Os Faladoiros Feministas aínda terán dúas citas máis neste mes de novembro:
- Mabel Lozano falará sobre explotación sexual. Inclúe a proxección do documental AVA.
Luns, 17 de novembro no Teatro Principal, ás 19.30 h. - Claudia Morán Mato (Xornalistas Galegas) reflexionará sobre violencias machistas nos medios de comunicación galegos. Xoves, 20 de novembro no vestíbulo da Casa da Luz ás 19.30 horas



