O concello de Nigrán expón as cabazas de Samaín realizadas polos usuarios dos centros xestionados polo AFAGA

Redacción

Dentro desta programación, o Concello ten mercados 350 kg de castañas para que as diferentes entidades celebren os seus magostos e colabora o sábado cun roteiro polo interior de Panxón

O Concello de Nigrán, como cada ano, ten expostas no Auditorio Municipal ata o luns 2 de novembro as cabazas de samaín realizadas polos usuarios dos diferentes centros xestionados por AFAGA Alzhéimer dentro do seu sexto concurso de cabazas. As fotos están tamén penduradas no perfil en redes sociais desta entidade, puidendo votar cada quen pola súa favorita (o Concello de Nigrán dispón dun centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas xestionado por Afaga en Panxón, por iso cada ano acolle este certame).

Paralelamente, e encadrado no programación de Samaín, o Concello ten mercados 350 kg de castañas para entregar as diferentes asociacións que celebran magostos no municipio e que así o solicitaron. Igualmente, colabora este sábado 31 para realizar a partir das 19:00 horas un roteiro de Samaín coa Asociación de Veciños Monteferro-Panxón, este discorrerá por Sancho, Presas, Quinteiro, Porqueira e Otero Pedrayo, e rematará cunha chocolatada (inscricións no 652006443).

Comparte este artigo