- Agrupan tres concertos por diferentes barrios da vila
A Agrupación Musical da Guarda arranca o próximo sábado 18 de abril co seu programa “Concertos nas parroquias”.
Esta primeira actuación será na praza da Guía ás 19:30h. Con esta iniciativa a banda de música tenta levar a música a todos os recunchos e barrios da vila.
Xa no mes de maio actuarán na praza de Salcidos o sábado 2 e na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos o sábado 23 de maio; ambas actuacións ás 20:00h.

