Free Porn
xbporn
Home Vigo Mos A alcaldesa de Mos reúnese co Conselleiro de Sanidade sobre os avances...

A alcaldesa de Mos reúnese co Conselleiro de Sanidade sobre os avances no novo Centro de Saúde que inclúe o macroporoxecto sociosanitario do Rebullón

- Anuncio -

O novo centro adaptarase ao crecemento do Concello para poder asumir de maneira óptima a crecente carteira de servizos. Para elo aumentarase nun 44% a superficie do actual

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta semana en Santiago de Compostela co Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar os avances no proxecto para a construción do novo Centro de Saúde no antigo hospital Rebullón.

novo Centro de Saúde construirase no complexo sociosanitario que aproveita as instalacións do antigo hospital do Rebullón. “O centro actual conta con 28 anos de antigüidade e é preciso dimensionalo de acordo ao crecemento do Concello para poder asumir de maneira óptima a crecente carteira de servizos” comentaban Arévalo, rexedora local mosense, e o conselleiro Gómez Caamaño na súa xuntanza.

Este novo centro inserirase nun proxecto integral que inclúe a creación dun complexo sociosanitario no antigo hospital do Rebullón, onde compartirá espazos con outras dotacións como un centro público de coidados intermedios, unha nova escola infantil ou unha residencia para persoas maiores.

O proxecto reserva para o novo Centro de Saúde máis de 2.300 m2 dentro do edificio do antigo hospital, o que supón un incremento de superficie do 44% (o actual conta con 1.641 m2). Esta ampliación permitirá ampliar os espazos e a carteira de servizos do centro, estando prevista a creación de dúas consulta máis de docencia, unha área de pediatría específica, a ampliación da área de fisioterapia, ou o incremento de 1 a 4 salas polivalentes para a atención de persoas adultas. 

A Consellería de Política Social xa ten avanzado o proxecto do centro de coidados intermedios, que recolle as liñas xerais de deseño que se seguirán en todo o complexo. Tendo en conta isto, a Consellería de Sanidade avanzará nos trámites para a redacción do proxecto do novo centro de saúde.

Ese Centro de coidados Intermedios do complexo sociosanitario de Rebullón, xunto co que se porá en marcha en Santiago no edificio CEGADI, será o primeiro centro público destas características en España. Así, o seu obxectivo será atender a persoas que xa recibiron a alta hospitalaria pero que seguen precisando coidados específicos. Deste modo, continúase a súa atención e rehabilitación desde o ámbito social. Contará con 60 prazas. E un orzamento de 5,4 millóns de euros. 

En canto á Escola Infantil, o Pleno do Concello de Mos aprobou o pasado mes de abril por maioría o expediente de cambio de uso dotacional no equipamento da parcela destinada a Escola Infantil no Rebullón, necesario para poder levar a cabo todos os trámites necesarios para o novo centro, tanto a redacción do proxecto, como o procedemento de licitación da obra, e posterior execución da mesma. A devandita parcela conta cunha superficie de 4.970 m2.

A administración local mosense ten iniciado o expediente de contratación do proxecto da nova Escola Infantil do Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón. Prevese que as obras se inicien este mesmo verán.

A alcaldesa apuntou tamén que a nova Escola Infantil do Rebullón, estará dotada de ata 82 prazas. Tratarase dun edificio modular cun orzamento total que ascende a 1.250.000 euros, para o cal o Concello de Mos xa conta con apoio económico de financiación por parte da Xunta de Galicia de 707.198,70 euros a través de convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social e a administración local.

Esta Escola Infantil modular execurarase en dúas fases. A primeira fase, que será a que comece este verán, cubrirá o 50% da capacidade das aulas, isto é, construiranse as zonas comúns e 3 aulas para 41 prazas. A segunda fase levarase a cabo o vindeiro ano 2025 e nela acometeranse as 3 aulas restantes para as outras 41 prazas.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas