HomePontevedraCampo LameiroA ANPA San Migul de Campo Lameiro substitúa a "Chocolatada solidaria" a...

A ANPA San Migul de Campo Lameiro substitúa a “Chocolatada solidaria” a prol da loita contra o cancro infantil por unha cuestación popular

- Anuncio -spot_img

A imposibilidade de realizar actividades que reúnan á poboación pola pandemia da Covid-19 non impide esta actuación para recadar fondos para a investigación e tratamento desta enfermidade

A Asociación de Nais e Pais “San Miguel” do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro, en colaboración co Concello substituirán este ano a “Chocolatada Solidaria” para recadar fondos para a investigación e tratamento do cancro infantil por unha cuestación en establecementos comerciais do municipio para reunir fondos para esta nobre causa.

A imposibilidade de realizar actividades que reúnan á poboación pola pandemia da Covid-19 non impide esta actuación para recadar fondos para a investigación e tratamento desta enfermidade que afecta a un número importante de cativos e que levanta a solidariedade entre os veciños e veciñas do concello de Campo Lameiro.

Así, nesta ocasión a ANPA, en colaboración co Concello de Campo Lameiro realizará unha cuestación popular entre a poboación para recadar fondos a través da colocación de uchas nos establecementos comerciais do municipio que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria así como nos edificios municipias e en tódalas igrexas do termo municipal. Tamén se poderán depositar doazóns no número de conta ES46 2080 0510 2630 0003 2410 pertencente á ANPA San Miguel de Campo Lameiro.

As organizadoras lamentan que este ano non se poida facer a “Chocolatada Solidaria” por mor da pandemia da Covid-19 que tan bo resultaro de participación e recadación lograra o ano pasado na que actuaran como mestres de cerimonias o coñecido Lito Garrido, “Lito da Panorama” e a presentadora e cantante Pili Pampín que foron, respectivamente, padriño e madriña deste evento.

No evento, organizado pola ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño en colaboración co Concello, participaran o ano pasado a Banda de Música de Campo Lameiro, Cantos de Taberna “Sons do Peto”, Falcatruada, “Bétula Péndula”, os Djs Jorge Álvarez e Skandal e os bonecos de Disney.

Publicacións Relacionadas