Home Pontevedra Caldas A Aula CeMiT de Cuntis centra a súa ampla programación de outobro...

A Aula CeMiT de Cuntis centra a súa ampla programación de outobro naspersoas maiores

- Anuncio -

• Durante as vindeiras semanas desenvolveranse, a través do Canal Senior, diferentes iniciativas vencelladas ás novas tecnoloxías, como cursos sobre realización de trámites burocráticos, contratación de seguros bancarios ou manexo de ‘smartphones’


A Aula CeMiT de Cuntis, situada na Rúa Circunvalación don Aurelio, centra a súa programación correspondente ao mes de outubro nas persoas maiores. A meirande parte dos cursos e actividades que se desenvolven desde hoxe están pensadas para facilitar a familiarización deste sector da sociedad co uso das novas tecnoloxías, ben sexa para gozar do seu tempo de lecer ou para aprender a manexarse na realización de tramitacións prácticas, como a obtención de sinatura dixital ou a contratación de produtos bancarios. Boa parte destas sesións levaranse a cabo ao abeiro do Canal Senior.


A programación mensual estréase hoxe mércores cunha nova edición de ‘Finanzas para todos’, que se desenvolve en colaboración co Banco de España, co obxectivo de dotar á cidadanía dos coñecementos básicos e das ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e útil, neutral e libre de calquera interese comercial. Este ciclo pon o foco especialmente nas persoas maiores, que en moitas ocasións son as que máis dificultades teñen á hora de manexar a banca electrónica ou que máis protección necesitan contra ciberestafas. Asemade, os luns, mércores e sábados estarán operativas as sesións de ‘Practicando co smartphone’, para os e as maiores de idade en xeral que precisen nocións e consellos para unha correcta e máis efectiva utilización deste tipo de dispositivos.

Tamén os mércores e luns, de 16.00 a 18.00 horas, estará operativo o Servizo de Atención Tecnolóxica, sobre funcionamento de ordenadores, tablets e teléfonos móbiles. A partires do luns 7 de outubro incorporaranse á programación fórmulas de lecer, como unha sesión de xadrez ‘on line’, un deporte que fomenta a estimulación cognitiva, a memoria e a concentración. Os xogos en chave virtual tamén terán o seu protagonismo para pechar o programa, o día 30, cunha sesión na que os e as usuarias poderán gozar de partidas de parchís, cargas e outros clásicos, ademais do propio xadrez.


O mércores 9, un ciclo sobre a plataforma ‘Twitch’ e unha sesión sobre os beneficios que supón adoptar unha mascota, tanto a nivel físico como emocional, inclúense na programación pensada para persoas maiores, á que se lle engadirá o luns 14, de 12.00 a 13.00 horas, un curso sobre a contratación de seguros e préstamos por Internet.

Previamente, entre as 10.30 e as 11.30 horas, haberá unha sesión sobre programas para asinar documentos de maneira telemática. Segundo vai avanzando o mes, iranse ampliando as propostas, cun curso sobre a aplicación da intelixencia artificial no día a día (mércores 16) ou a presentación de facturas por FACe, o luns 21. O día 28 pecharase a programación cun seminario sobre ciberseguridade, de 16.30 a 18.00 horas, que busca sensibilizar á cidadanía e, especialmente, á xente maior, da importancia de evitar estafas a través de pasos que garantan unha maior protección.


O Concello lembra que para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das dependencias ou tramitar calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar un correo electrónico á dirección cemit.cuntis@xunta.gal.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas