Será mañá venres ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui
Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será o Concerto de Nadal que mañá venres, ás 21.30 h, ofrecerá no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Eloy Carrera. No evento participará tamén o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, que xunto a un narrador, unha cantante e os integrantes da banda tudense brindarán un espectáculo cheo de maxia.
O Silent Night de Swearingen, a Sinfonía dos Xoguetes de Mozart ou a marcha Radtzky de Strauss forman parte do repertorio deste evento pensando para toda a familia no que se combinará a música, a narración e o teatro para contar a orixe real da figura de Santa Claus nunha viaxe a través dos séculos .
As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€.