Catro meses despois da inauguración do novo sistema de acceso á Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño xa son máis de 150 as tarxetas entregadas ós usuarios e usuarias que a solicitaron.
O sistema de acceso autónomo a través de tarxeta permite facer uso das instalacións nun horario máis amplio para o estudo. A través deste sistema aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo xa o fan accedendo ó espazo coa súa tarxeta.
Dende o pasado mes de marzo cando se puña en funcionamento este sistema pioneiro na contorna foron máis de 2000 as entradas rexistradas para facer uso das instalacións.
Recordamos que os usuarios e usuarias acceden á Biblioteca Municipal nun horario de luns a xoves de 08:00 a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 a 00:00 horas.
Para aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria.