A actividade celebrarase o 24 de outubro ás 12.00 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos
A Biblioteca Municipal María Magdalena de Mos celebrará o vindeiro 24 de outubro o Día da Biblioteca cun obradoiro creativo dirixido ao público infantil. Baixo o título “Cuncas creativas: imaxinación en cerámica”, a proposta permitirá que os nenos e nenas participantes decoren a súa propia cunca e experimenten coa cor, o debuxo e a creatividade.
A actividade terá lugar ás 12.00 horas nas instalacións da biblioteca municipal e está pensada para menores de entre 4 e 10 anos. A través desta iniciativa, os participantes poderán achegarse á expresión artística nun ambiente lúdico, combinando a creación plástica co espazo da biblioteca como lugar de encontro e aprendizaxe.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a inscrición chamando ao teléfono 986 33 80 80.
Esta é una das actividades coa que a Biblioteca Municipal María Magdalena se suma á celebración do Día da Biblioteca, una proposta que busca fomentar a imaxinación e ofrecer aos máis pequenos unha experiencia creativa arredor dos libros, a arte e a cultura.

