HomePontevedraO CondadoA Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas xa presta servizo as 24 horas...

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas xa presta servizo as 24 horas dos 365 días do ano

- Anuncio -spot_img
  • Máis de sesenta persoas adultas benefícianse xa dos horarios extraordinarios

A biblioteca pública municipal de Ponteareas xa presta servizo as 24 horas do día dos 365 días do ano e máis de sesenta persoas adultas benefícianse xa dos horarios extraordinarios que a biblioteca ofrece para as persoas que precisan estudar fóra do horario habitual. Este servizo é posible grazas á instalación dunha pechadura electrónica.

O concelleiro de Ensino e Letras, Ricardo González, explica que a través dun código de entrada as persoas usuarias que demostren non poder estudar nos horarios de apertura ao público en xeral poden solicitar acceder á biblioteca. Para poder desfrutar deste servizo hai que realizar unha solicitude previa na propia biblioteca enviando a explicación da necesidade e documentación que avale a súa petición.

Adianta, Ricardo González, que para garantir a seguridade, protexer zonas e que se faga un uso axeitado das salas instaláronse cámaras de seguridade e delimitáronse os espazos aos que se pode acceder.

O Concello de Ponteareas amplía, deste xeito, o servizo de biblioteca facéndoa accesible ás 24 horas do día. O horario de apertura xeral é de luns a venres de 08:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.

A alcaldesa, Nava Castro, explica que esta é unha medida transitoria para satisfacer a ampla demanda de persoas que traballan de día e preparan oposicións, proxectos de investigación ou estudos de grao e másters, entre outros. “Mentres avanzamos no proxecto da nova biblioteca pública municipal que albergará o actual edificio da praza de abastos queremos que a cidadanía poida dispor dun espazo no que mellorar a súa formación”.

Publicacións Relacionadas