Home Pontevedra Baixo Miño A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

- Anuncio -
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor

O Claustro da Catedral de Tui acollerá esta fin de semana a X Mostra da Camelia  organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui xunto a outras entidades.

Setenta e cinco expositores de Galicia, Portugal e Asturias presentarán gran variedade de camelias e outros produtos relacionados con esta flor, na que é a segunda cita do calendario anual de mostras da Sociedade Española da Camelia.  A exposición tudense incide este ano na presenza precisamente da camelia na decoración do coro catedralicio datada en 1699.

O acto inaugural terá lugar ás 12.30 h contando coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do deputado provincial Roberto Carrero, da presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, da vicepresidenta da Internacional Camellia Society, Pilar Vela, do presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, do concelleiro de Turismo do concello de Valdés en Asturias, Ismael González Suárez, do presidente de ATUCA, José Carlos Montes, e do deán da Catedral, José Diéguez Diepa.

O sábado ao mediodía contarase coa actuación do grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui e o domingo antes do peche da mostra a Rondalla de Pexegueiro realizará un pasarrúas polo centro urbano e rematará actuando na praza de San Fernando.

O horario de visita será o sábado de 16.30 h a 20.30 h e o domingo de 10 h a 14 h e de 16.30 h a 20 h. Este será o cuarto ano en que a Mostra da Camelia se celebra no claustro catedralicio, sendo un evento único ao celebrarse nun espazo tan singular coma este.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

O Porriño contará cunha Sala Lúdica Municipal permanente e con novas instalacións para o...

0
O novo local, situado na contorna do Centro de Saúde e o Pavillón Municipal, foi adquirido recentemente polo Concello por un importe de 169.183,79...

Publicacións Relacionadas