Home Pontevedra A Paradanta A Cooperativa Condado Paradanta prepara de xeito artesán máis de 1.300 quilos...

A Cooperativa Condado Paradanta prepara de xeito artesán máis de 1.300 quilos de requeixo para degustar o día da festa

- Anuncio -

O teléfono de Alejandro Martínez Rodríguez, xerente da Cooperativa Condado Paradanta, notifica a chegada dun audio de WhatsApp. Comunícanse co xerente para felicitalo polo produto que lle acaba de ser entregado. “Rapidez no envío, coidado na presentación e un produto excepcional”, Alejandro sorrí e comenta orgulloso que iso é xusto o obxectivo co que traballan a diario, “este audio de WhatsApp eloxiando o noso produto e a axilidade no envío é moi satisfactorio, amosa que obtiveron moito máis do que agardaban que é xusto a nosa máxima e o propósito do noso traballo diario”.

O requeixo e o mel das Neves xa son coñecidos en toda España e Portugal, a súa tenda online facilita e simplifica a compra e a tan só un clik podemos degustar un produto da máxima calidade. Xusto hai agora un ano que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería de Medio Rural, concedeu á Cooperativa Condado Pardanta o selo de Artesanía Alimentaria, un recoñecemento que acredita que é unha produción artesá, das mans do produtor directo ao consumidor. A este selo súmase a certificación SICTED que tramitaron da man do GDR Terra e Auga, “os selos de calidade son un respaldo ao noso xeito de facer e de ser, que asegura calidade e cando acollemos aos visitantes nas nosas instalacións saben que están nun lugar que recolle a tradición dos nosos antergos e a sabedoría das nosas familias”.

A Cooperativa xera cinco postos de traballo no rural que aunan dedicación e cinco ingredientes máis: leite, coallo, fermento láctico, tradición e agarimo. Un mes de febreiro do ano 2002 decidiron enxalzar aquel alimento que os deuses lles daban aos seus fillos e hoxe son un referente. O requeixo e o mel estiveron presentes nas cociñas tradicionais e agora tamén na cociña moderna. “Grandes cociñeiros elaboran pratos doces e salgados, primeiros, segundos e postres cos nosos requeixos”, engade Alejandro Martínez Rodríguez.

Nestes días a Cooperativa Condado Paradanta está en plena produción, das cinco persoas pasan a dez que traballan intensamente e de xeito artesán para elaborar os 1.200 ou 1.300 quilos que se consumirán na XXXI Feira do Requeixo e do Mel de As Neves. Estas mans farán posible que o venres e sábado santo, este ano 29 e 30 de marzo, os milleiros de visitantes que se acheguen ao Concello das Neves poidan degustar este produto bañado en mel. “O requeixo é a alma da festa e a festa é un dinamizador potente do noso concello, con actividades, música e un ambiente festivo no que compartir”.

A festa tamén acollerá a cuarta edición do concurso de receitas con requeixo no que alumnado das escolas de hostalaría de Galicia e de Portugal compiten con novidosas e suculentas propostas culinarias. “O concurso é unha ferramenta ideal para dar a coñecer o requeixo entre os futuros restauradores e notamos que cada vez se interesan máis. A feira é moi importante pola oferta de actividades, boa música e para dar a coñecer o requeixo e o mel”.

Alejandro Martínez valora o traballo en equipo e os servizos que posibilita contar cun Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), “é imprescindible porque ofrece asesoramento e coñecemento das liñas de subvención, de feito a cooperativa comezou grazas ao apoio dos fondos LEADER. Ademais ponnos en contacto con outros produtores e colectivos comarcais e facémonos máis fortes se emprendemos iniciativas en conxunto”.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas