HomePontevedraDezaA Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas a Vila de Cruces...

A Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas a Vila de Cruces cun espectáculo de humor para público adulto

- Anuncio -spot_img

O espectáculo “O que hai que ver” representarase a cargo da compañía Fulano Megano e Citano no Auditorio municipal Xosé Casal ás 18:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 16 de novembro o circuíto +Escénicas ao Concello de Vila de Cruces da man dun espectáculo a cargo da compañía Fulano Megano e Citano. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“O que hai que ver” representarase no Auditorio municipal Xosé Casal a partir das 18:00 horas e trátase dunha montaxe retranqueira que fará rir do propio e do alleo, do ben e do mal, porque ao final, como di unha canción do espectáculo, “o yin e o yang a man se dan”. Con esta proposta Fulano Mengano e Citano achegarán ao público de Vila de Cruces o seu grao positivo e tentarán poñerlle un pouco de humor á vida.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición ata marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas