O Concello de Vilaboa, novamente sancionado por Augas de Galicia por vertidos nas Salinas de Ulló
A Alcaldía de Vilaboa vén de emitir unha resolución pola que se autoriza o pagamento dunha nova sanción administrativa imposta por Augas de Galicia, derivada dunha infracción por vertido de augas residuais sen control nas Salinas de Ulló, un espazo de alto valor ambiental é red natura
Este novo expediente sancionador, supón unha multa de 4.500 euros ao Concello, ao ser considerado responsable da comisión dunha infracción leve segundo o artigo 85.e) da Lei 9/2010 de augas de Galicia. A resolución foi recibida no Rexistro municipal o pasado 10 de abril de 2025 (entrada E-RC-987).
Cómpre lembrar que non se trata dun caso illado, senón que esta sanción se suma a outras anteriores relacionadas co mesmo tipo de deficiencias na xestión das augas residuais, o que evidencia unha falla estrutural e persistente nas políticas ambientais e nos sistemas de saneamento do municipio
A sanción será abonada con cargo á aplicación orzamentaria do orzamento municipal de 2025, o que implica que os veciños e veciñas de Vilaboa, unha vez máis, terán que asumir cos seus impostos o custo da mala xestión medioambiental.
Desde a oposicion manifestan a súa preocupación pola reiteración deste tipo de sancións, que ademais de supoñer un impacto económico, danan a imaxe pública de Vilaboa e comprometen a protección dun entorno natural tan emblemático como as Salinas de Ulló.