- Haberá cantina e sorteos cuxa recadación irá para a axuda á participación no Concurso Nacional
A escola Attitude presentará o próximo domingo 19 o seu festival de primavera. A partir das 18:30h desfrutaremos das coreografías dos grupos de todas as idades, desde os 3 ata os 20 anos.
A entrada ao pavillón da Sangriña será de balde e haberá sorteos e cantina cuxa recadación irá destinada á axuda da viaxe a Cartagena para a súa participación no Concurso Nacional.
Ademais, tamén contará con escolas invitadas o que aportará novos estilos e máis diversidade a este festival.

