Home Pontevedra Baixo Miño A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso...

A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso 2024/2025

- Anuncio -

As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición a través da web do Concello

Escenario preparado para que a Escola de Teatro de Tomiño levanta un ano máis o pano. A escola municipal regresa para o curso 2024/2025 cunha nova formación impartida por Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro, para achegar á veciñanza ao mundo da interpretación, estimulando a imaxinación e a creatividade da infancia participante, fomentando o traballo colaborativo e mellorando os recursos expresivos e as súas habilidades comunicativas.
As clases, que comezarán o vindeiro 1 de outubro no auditorio de Goián, mergullarán aos nenos e nenas participantes no mundo teatral. Nas aulas, eminentemente prácticas, estudaranse e traballaranse aspectos básicos da creación escénica, expresión dramática e oral, improvisación, movemento expresivo, ritmo e creación de personaxes. Ao final de curso, o alumnado representará as pezas teatrais nas que irán traballando ao longo de todo o ano.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, sinala que “o teatro é unha ferramenta moi valiosa para o desenvolvemento persoal da nosa mocidade, xa que lles axuda a gañar confianza en si mesmos, a mellorar a súa comunicación e a traballar en equipo. Para o Concello é moi importante poder ofrecer este tipo de actividades, accesibles e abertas a todo o mundo”.
As clases impartiranse todos os martes pola tarde en diferentes horarios dependendo dos grupos de idade. O grupo de 4 a 8 anos, que xa está completo, terá clase de 17.30 a 18.45 horas, mentres que o de rapazas e rapaces de 8 a 12 anos será de 16.00 a 17.15 horas. Os tomiñeses e tomiñesas maiores de 13 anos terán a súa cita co teatro de 19.00 a 20.30 h.
As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición nos diferentes grupos da Escola de Teatro a través da web do Concello.

Relacionadas

Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”

0
A obra de teatro xestual, dirixida a público familiar, aborda cunha mirada cómplice o esquecemento, a vellez e a soidade “Kyoki” é o título do...

O Consorcio Provincial de Emerxencias desprega unha dotación de cinco bombeiros e dous vehículos...

0
O presidente provincial destaca a profesionalidade do persoal de Emerxencias e recalca que todos os medios da Deputación están a disposición da Xunta, encargada...

O Concello habilitará dous novos aparcadoiros na Rúa Inferniño de máis de 2.700 metros...

0
Prepararanse dúas parcelas que permitirán dispoñer de máis de 100 prazas de estacionamento en pleno centro da vila O centro urbano de Marín ganará nas...

As Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren 2 décadas de vida homenaxeando á veteranía e...

0
As dúas grandes novidades deste ano son o recoñecemento a Tomás do restaurante Adega da Tía Carmen, pioneiro da iniciativa, e a creación das...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continúan en Vigo as reunións...

0
Representantes da institución provincial e do Goberno galego escoitan de primeira man ideas e suxestións do Instituto de Estudos Vigueses A Deputación de Pontevedra e...

A Deputación destina 35.000 euros para que nove entidades sen ánimo de lucro das...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.600 e os 6.600 euros e permitirán poñer en marcha proxectos de inserción...

Publicacións Relacionadas