Home O Condado Mondariz Mondariz incorpora catro traballadores ao servizo de desbroces

Mondariz incorpora catro traballadores ao servizo de desbroces

- Anuncio -

O Concello de Mondariz informa que no vindeiro mes de maio incorporará 4 traballadores ao servizo de limpeza e desbroces que desempeñarán as súas funcións ao longo de 7 meses.

O traballo deste persoal verase reforzado coa contratación de empresas de desbroces e limpeza de autónomos locais destinando así todos os esforzos posibles a previr a propagación de incendios.

85,8 quilómetros cadrados, 4.394 hab e unha densidade de poboación de 51,2 hab./km nas 12 parroquias son os datos cos que traballa o Concello para organizar o calendario de traballo destas persoas que priorizará a proximidade aos fogares. “Aos esforzos da administración local débese sumar o compromiso individual de cada un de manter limpas e desbrozadas as súas propiedades sen que o Concello teña que intervir tanto administrativamente como operativamente executando estas labores”, explica o alcalde, Juan Carlos Montes.

Con estas cifras na man o grupo de goberno de Mondariz solicita a colaboración das propietarias e propietarios de terreos para o mantemento e limpeza das leiras e prepararse así para a tempada estival. O Concello de Mondariz apela ao sentido da responsabilidade de cada cidadá/án e a súa colaboración para non saturar nin os servizos públicos administrativos nin o de desbroces.

O Concello lembra que é obriga da propiedade desbrozar os seus terreos e que todos podemos contribuír a un mellor aproveitamento dos servizos públicos ao cumprir cos nosos deberes. “Agradecemos ás persoas que coidan das súas propiedades que, ao tempo, colaboran coa administración local ao non provocar que esta teña que investir tempo en notificar e recordar ás propiedades que deben cumprir coa normativa”, engade o concelleiro de Medio Rural, Florentino Menéndez.

“Os recursos públicos son de todas e de todos nós ao igual que o patrimonio natural, cada persoa que mantén limpas as súas propiedades permite que as patrullas de desbroce poidan actuar en espazos públicos. Somos un concello rural cun patrimonio medio ambiental moi prezado que non debemos arriscar nin pór en perigo”

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas