Home Pontevedra Baixo Miño A Eurocidade Tui-Valença acolle a representación de “Fado Alexandrino” do Teatro Nacional...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a representación de “Fado Alexandrino” do Teatro Nacional São João

- Anuncio -

Será o venres, 31 de xaneiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. É a adaptación teatral da considerada coma a gran novela sobre o 25 de abril


A Eurocidade Tui-Valença acolle o próximo 31 de xaneiro a representación de “Fado Alexandrino” da man do Teatro Nacional Nacional São João do Porto. Trátase dunha gran montaxe escénica coa que a compañía se suma aos actos conmemorativos do 50 aniversario da Revolución dos Cravos. Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões.
A cita será o próximo venres, 31 de xaneiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui Ás entradas poranse á venda o próximo venres, 24 de xaneiro, en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€.
Doce actores e actrices conforman o elenco da obra dirixida por Nuno Cardoso, que realizou a adaptación escénica e a dramaturxia de “Fado Alexandrino” de António Lobo Antunes, considerada a gran novela sobre o 25 de abril.
En escena estarán Ana Brandão, António Afonso Parra, Flávio Hamilton, Joana Carvalho, Jorge Mota, Lisa Reis, Mário Santos, Patrícia Queirós, Paulo Freixinho,Pedro Almendra, Pedro Frias, Roldy Harrys, Sandro Feliciano, Sérgio Sá Cunha, Telma Cardoso e Lé Baldé. A obra, unha especie de Última Cea, reúne nun xantar a cinco personaxes, militares que regresaron da guerra de África, e reflexionan sobre o fin da contenda, sobre o loito, …
O escenario transfórmase nun inmenso mural que cobra vida coa interpretación e interacción dos actores que levan ao espectador a través de catro épocas que se entrecruzan na historia o Estado Novo, a memoria da guerra colonial en Mozambique, a Revolución dos Cravos e a posRevolución. O Fado Alexandrino é unha alegoría sobre o destino de ser portugués. A música orixinal “Peixe” foi gravada por Joel Azevedo.
A obra, cunha duración cercana ás catro horas, contará con dous descansos.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas