Home Vigo Nigrán A exposición Chicas nuevas 24 horas, chega ao Porriño para chamar a...

A exposición Chicas nuevas 24 horas, chega ao Porriño para chamar a atención contra a trata con fins de explotación sexual

- Anuncio -

● A mostra pode visitarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal en horario de mañá e tarde

A exposición Chicas nuevas 24 horas , que pretende sensibilizar sobre a trata de nenas e mulleres con fins de explotación sexual, xa pode visitarse no Centro Cultural do Porriño.

A mostra, apoiada pola Xunta de Galicia, percorre os municipios galegos e institutos para aproximar á cidadanía a denuncia sobre a compra e venta de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. Integran a exposición diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma danse a coñecer testemuños de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguay, afectadas por esta lacra.

A proposta achega actividades complementarias de carácter social, didáctico e formativo, centradas en dous piares básicos: a prevención e a concienciación. O obxectivo final é lograr a implicación da mocidade na erradicación deste negocio.

O programa está producido e guionizado por Mabel Lozano, cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que abordou a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía. O seu traballo, Biografía del cadáver de una mujer recibió el Premio Goya al mejor cortometraje documental.

Simultaneamente levaranse a cabo xornadas de traballo nos institutos e unha aberta ao público o día 23 de xaneiro, ás 18:30 h, no salón de plenos do Concello do Porriño.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas