- A exposición poderá visitarse ata o 15 de xullo durante as mañás
A Casa dos Alonso acolle desde hoxe unha exposición de figuras metálicas feitas de xeito manual por Genaro Alonso. Estas figuras fixéronse con material reciclado, a partir de ferramentas de xardín ou da horta e de culleres da cociña…
Genaro Alonso leva máis de vinte anos creando estas figuras na súa casa como entretemento. Agora reúnense nesta exposición diferentes figuras de animais, coches, autómatas…e nalgunhas delas aínda son notorias as antigas ferramentas.
A exposición estará dispoñible ata o día 15 de xullo na Casa dos Alonso en horario de mañá, de 9 a 14 horas. “Esta é unha exposición moi particular e diferente, que mostra unha gran imaxinación do autor”, cre o alcalde da Guarda, “estou moi contento de que a Casa dos Alonso teña unha axenda este verán chea de exposicións para que as poidan desfrutar os veciños e veciñas da Guarda”.