Para que todas as persoas que así o desexen poidan desfrutar do partido da selección española sen perderse ningunha actividade da Feira do Libro de Ponteareas o Concello reaxusta a programación prevista para a tarde do domingo mantendo como estaba deseñada o resto da programación para hoxe día 11, 12, 13 e 14 de mañá.
O domingo pola tarde, a Feira do Libro de Ponteareas abrirá as súas portas ás 17:00 horas e pechará ás 20:30 horas. Todas as presentacións adiántanse unha hora, por este motivo ás 17:00 horas Luis Soto presentará “O segredo de Joseph Haydn” escrita con Suso de Toro que intervirá de xeito virtual. ÁS 18:00 horas será o recital “Claustro, corda, comensal” de Samuel Merino con Esme Quiroga e Fernán Permuy. Ás 19:00 horas terá lugar o encontro entre autor e personaxe cos “Os ollos de Iqbal choraban” no que Alfonso Pexegueiro conversa co protagonista de “Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes”, acto co que se pechará esta nova edición da Feira do Libro de Ponteareas.
Para poder celebrar coa solemnidade que merece, o Concello de Ponteareas adía a presentación do libro “Fermín Bouza Brey”, da colección “Creadores ponteareáns” do Concello de Ponteareas que se celebrará nas vindeiras semanas.

