Nenos, nenas e maiores xuntaranse a partir das 10 h nas Aceñas nesta actividade organizada pola asociación Xoaninhas Crianza Respectuosa
A Festa da Crianza de Xoaninhas Crianza Respetuosa prepárase para desfrutar dunha segunda edición cargada de éxito. A área recreativa das Aceñas reunirá a nenas, nenos e maiores para gozar dunha xornada chea de actividades en familia totalmente de balde.
A mañá comezará ás 10.00 horas cun obradoiro de ioga en familia que dará o pistoletazo de saída a un evento que continuará ás 11.30 h con ‘Danza co teu bebé’, ás 12.30 h co concerto de Antón Ke e un xantar con comida a prezos populares. Pola tarde a actividade continuará cun obradoiro de barro e un faladoiro sobre crianza ás 16.00 horas e un obradoiro de baile tradicional ás 18.00 horas. O broche de ouro da xornada será unha gran foliada a partir das 19.00 horas na que se anima a participar a todo o público cos seus propios instrumentos.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a participar nesta Festa da Crianza que xa na súa primeira edición amosou coa grande acollida o grande interese e compromiso de rosaleiros e rosaleiras coas iniciativas culturais e educativas.

