A Festa da Ostra abre as súas casetas coa ostra ao natural e co adianto da experiencia OSTRES

adminON
Lectura mínima de 6

Adíanse os fogos de arteficio desta noite.  As condicións de vento e choiva non permiten unha montaxe e unha tirada que cumpra coas condicións e  coa normativa de seguridade esixibles. Por iso, para que se poida desfrutar da Festa da Ostra con seguridade, adíanse os fogos de arteficio desta noite. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo,  xa anunciou que este espectáculo pirotécnico levarase a outra das festas do concello para o seu desfrute como pode ser o San Xoán ou as Festas do Salvador.

Hoxe, ás 12:00 h. abriron as casetas da XXXVI edición da Festa da Ostra. Unha cita onde xa se comezou a degustar, con moito éxito e participación,  este molusco en todo o seu esplendor, a ostra ao natural, e tamén houbo un adianto do OSTRES, unha gastro-expeciencia con sabor a paisaxe e a mar que gustou e conseguiu sorprender aos que decidiron gozar desta proposta innovadora.

Unha festa que deu comezo coa charanga Fanfarria Furruxa que encheu de música e de alegría as rúas de Arcade co seu percorrido dende o Cruce de Pierres de onde sairon ás 11:00 h. pasando pola Avenida José Solla, parada en Talo Río e remataron co seu espectáculo no Peirao.

Unha vez no peirao a xente amosouse “encantada” coa carpa deste ano que ten todo o lateral da ría colocado de tal maneira que se pode desfrutar das vistas que nos ofrece o Peirao da ría de Vigo. Unhas inmediacións que che dan pe a desfrutar, se cabe mái, da ostra de Arcade e dos viños Albariños de Soutomaior (Noelia Bebelia, María Vinyals e Quinta da Eiras).

O OsTres ofreceu un pequeno adianto nese mediodía coa ostra cociñada, unha maneira de achegar este molusco a máis poboación. Una experiencia que nos ofrece: ostra mar e montaña sobre unha crema carbonara ibérica, ostra adobada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque e ovas de salmón e por último, ostra en escabeche tradicional. Uns pratos cociñados polo Calidus Catering que lidera o  veciño de Soutomaior Joaquín Lema e que o seu adianto de hoxe foi todo un éxito. Mañá, día grande da Festa da Ostra, xa se poderá degustar desta gastro-experiencia ao longo de toda a xornada.

PROGRAMACIÓN

Ás 19:00 h., cunha hora de adianto,  será a quenda da charanga MEKANICA ROLLING BAND. Posteriormente, ás 22:30 h. actuarán as orquestras AMÉRICA DE VIGO e LA FÓRMULA os fogos de artificio previstos para esta noite ás 00:00 h. adíanse debido ás inclemencias meteorolóxicas. A normativa de seguridade  é moi esixente e o estado da zona trala borrasca da pasada noite, a previsión de chuvascos  ocasionais ao longo da xornada (sobre todo pola mañá) non permite unha montaxe con seguridade, por iso dende o Goberno Local prefiren ser cautos á hora de tirar os fogos de arteficio. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, xa anunciou nesta xornada que este espectáculo pirotécnico levarase a outras das festas do concello para o seu desfrute, como pode ser o San Xoán ou as Festas do Salvador.

O  domingo 7 de abril o día comezará ben cediño ás 10:00 da mañá co pasarrúas da BANDA ARTÍSTICA DE ARCADE e BANDA CULTURAL DE ARCADE dende o Calvario ata o Peirao.

Ás 11:00 h. terá lugar a apertura de casetas de degustación, unha hora máis tarde, ás 13:00 h. terá lugar a lectura do pregón a cargo do escritor e profesor MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ. Xa pola tarde terá lugar ás 18:30 a actuación musical de ‘Cantanascroas’.

SOUTOMAIOR INCLUSIVO

Dende o concello de Soutomaior lembran a presencia dunha carpa de Soutomaior Inclusivo, un punto de apoio permanente que prestará axuda ás familias con menores con diversidades funcionais. Neste punto, situado a carón do dispositivo sanitario e de seguridade, facilítase información sobre ‘Soutomaior Inclusivo’.

Tamén se prestan cascos antirruído para que poidan desfrutar da zona de recreativos. Ademais, na zona de recreativos hai horarios ‘sen ruído’: o sábado 6 de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00; e o domingo 7 de 13:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:00. Por outra parte, lembran que as nenos e nenas (ou familia) que amosen a súa pulseira de Soutomaior Inclusivo non terán que facer colas nas atraccións e terán acceso prioritario.

En canto á zona da carpa principal, onde se levan a cabo os concertos das orquestras o venres e o sábado e a lectura do pregón o domingo, conta unha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar de maneira cómoda e accesible. Ademais, na lectura do pregón haberá unha persoa interprete de signos.

Comparte este artigo