HomePontevedraA Festa do Viño de Vilaboa medirá cunha cata as singularidades da...

A Festa do Viño de Vilaboa medirá cunha cata as singularidades da produción vinícola local

- Anuncio -spot_img

O concerto da Banda da Escola de Música co cantante Antonio Barros quen poña o colofón á primera xornada do evento

Os stands de colleiteiros e adegueiros da IXP Ribeiras do Morrazo abrirán as súas portas este sábado 10 de maio a partir das 12 da mañán na carpa instalada baixo o viaduto de Riomaior. Comezará así unha nova edición da Festa do Viño de Vilaboa, un evento organizado para poñer en valor a produción vinícola da comarca e a súa excelente maridaxe coa gastronomía local.

A Festa conta ademáis cun amplo programa cultural que na primeira xornada estará marcado pola actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa, que actuará co cantante Antonio Barros. A música estará presente na carpa da man das charangas A cabeza non para, que se encargará de amenizar a sesión vermú. Xa pola noite será a charanga 112 quen tome o relevo da Banda de Música para continuar a festa.

A Festa do Viño contará con presenza da artesanía local xa que volverá acoller a Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Obradoiro Hedra.

Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro “Casa da Torre”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Nilda Alvariña, Furancho Antonio, Furancho de Jorge, Adega Ardán (Marín) e “Adega Os Areeiros” e Bodegas Costas de Exportación exporán os seus viños que poderán degustarse nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 2 euros. Viños con singularidades e matices que se medirán na cata organizada polo Concello e na que os premiados recibirán os seus recoñecementos nun acto que terá lugar o domingo, ás 13.30 horas. Será xusto antes da lectura do pregón que este ano correrá a cargo Xan Lorenzo, humorista colaborador do Luar.

A nota musical e a animación correrá a cargo o domingo da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Cobres.

Tanto o alcalde, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza a acudir a esta festa de promoción dos viños locais e animan aos residentes no entorno a facelo camiñando, para evitar colapsos de tráfico.

Publicacións Relacionadas