Home Pontevedra O Condado A Festa do Viño Espumoso chega a súa décima edición

A Festa do Viño Espumoso chega a súa décima edición

- Anuncio -

Nesta edición a festa comezará o venres 6 de decembro e continuará os días 7 e 8 cos espumosos da DO Rías Baixas como grandes protagonistas.

Cando falta menos dun mes para comezar o mes de decembro, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a concelleira de Cultura, Lorena Soto, e o presidente da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén; presentan a X Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas en Salvaterra de Miño.

Nesta edición tan importante, a festa ampliarase cun día máis coincidindo a celebración nos días 6, 7 e 8 de decembro no recinto amurallado, contando como en edicións anteriores cunha carpa que albergará os protagonistas desta festa, os espumosos.
En total serán once as adegas participantes, unha máis que o pasado ano, que ofrecerán os seus viños espumosos e todo acompañado de tapas diversas ademais de doces, cafés e chocolates; unha festa que mantén a mesma filosofía, por en valor os viños espumosos da nosa comarca, un produto que ano a ano vai gañando adeptos.

Ademáis de viño e gastronomía este ano tamén haberá música para amenizar a festa. O público poderá desfrutar con grupos como Los Lunes al Sol, La Mafia, Terapia de Grupo, La Buena Vida, Alter Nós, A de Sabas, La Franga ou Rukan Rock Blues, entre outros.

A inauguración terá lugar o venres día 6 de decembro ás 18:00 horas coa actuación de A.C. Pontenova e a apertura dos stands. O sábado 7 de decembro comezará a festa ás 12:00 horas e ás 18:30 horas haberá Show de Cócteles de Espumoso a cargo de Sebaristas. E o domingo ás 11:30 horas terá lugar o acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos para posteriormente realizar o tradicional degüelle a sable e brindis a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava.

Ademais, a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos organiza para o 4 de decembro unha Master Class sobre coñecementos prácticos na elaboración de viños espumosos polo método tradicional impartido por Agustí Torelló I Sibill. Unha formación dirixida principalmente a profesionais do sector cun custe de 40 euros. Máis información en cofconteaespu@gmail.com

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas