HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda convértese en punto de referencia para o I Encontro Ibérico...

A Guarda convértese en punto de referencia para o I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo

- Anuncio -spot_img
  • Unha comitiva está durante tres días traballando no Baixo Miño en cooperación e estratexias comúns

A Guarda está a ser durante estes días o punto elixido para o I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo. A Rede de Cruceiros Ibéricos Fluviais Transfronteirizos (Rede CIFT) é un proxecto clave para a cooperación hispano-lusa, que conta co apoio do Programa Interreg IV España-Portugal.

Estas xornadas buscan traballar nun aumento do turismo fluvial, a xeración de emprego e as oportunidades económicas, a preservación e valorización do patrimonio cultural e natural, a mellora da accesibilidade e a promoción da cooperación trasnfronteiriza. Ademais contribúe ao desenvolvemento sostible das rexións implicadas e fortalece a colaboración entre España e Portugal no ámbito turístico.

O tenente alcalde da Guarda, Óscar Alonso, destacou que “o noso concello é un emblema da conexión hispano-lusa” e que “a cooperación transfronteiriza é o motor que impulsa o desenvolvemento local sostible”.

A Rede CIFT engloba ao río Miño, Limia, Douro, Texo e Guadiana. A comitiva formada por representantes das diferentes asociacións que conforman a rede están estas días a coñecer o Baixo Miño, mentres traballan en común desde A Guarda.

Publicacións Relacionadas