– No obradoiro están a formarse vinte persoas desempregadas. Dez delas reciben clases teóricas e prácticas na especialidade de Carpintería de Ribeira, e outras dez na de Forestal-Xardinería e Agricultura ecolóxica. Os participantes fórmanse durante 9 meses ao tempo que traballan e cobran o SMI.
– O alumnado de Carpintería de Ribeira está a construir o Novo Manuel, unha réplica navegable do histórico bote “Manuel”. Na modalidade de Forestal-Xardinería e Agricultura ecolóxica traballan na mellora do arboredo de Monte Penide e crearán unha zona axardinada a carón do parque de patinaxe de Chapela, entre outras labores.
Un total de 20 veciños e veciñas están a formarse e traballar durante 9 meses no Obradoiro dual de emprego “Polo mar de Redondela”. Neste obradoiro, que se celebra no Pazo de Pousadouro, impártense dúas especialidades formativas: a de Forestal-Xardinería e Agricultura ecolóxica e a de Carpintería de Ribeira.
O concelleiro de emprego, Antonio Cabaleiro, explica que na modalidade de Carpintería de Ribeira o alumnado-traballador traballa no Novo Manuel, unha réplica navegable do bote Manuel “que xa está a tomar forma”. A histórica embarcación orixinal, rehabilitada no obradoiro anterior, permanece exposta no museo Meirande. O alumnado tamén traballará na instalación de contraventás de carpintería, portas e tarimas en distintos edificios municipais. Desde o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos CIS-Madeira recibiron unha “masterclass” sobre novos usos da madeira a construción de casas e edificios.
Cabaleiro, que visitou o obradoiro para coñecer de primeira man como van os traballos, salientou “a excelente labor” que está a facer tanto o profesorado como o alumnado, que grazas a esta ampla formación “terá máis opcións para integrarse no mercado laboral”. O edil sinalou tamén que desde o Concello están á espera da nova convocatoria de obradoiros de emprego por parte da Xunta de Galicia.
Roza e poda na contorna do Monte Penide
Na especialidade de Forestal-Xardinería e Agricultura ecolóxica realizaron labores de roza, poda e mellora das árbores en Monte Penide/Mirallo, o Coto do Gran e o Paseo do Río Pexegueiro. Tamén farán unha zona axardinada ao carón do parque de patinaxe de Chapela, así como o mantemento dos xardíns da Xunqueira, a Alameda, a rúa Xeneral Rubín e a urbanización Regojo. O alumnado encárgase tamén do viveiro e a horta ecolóxica da Finca de Pousadouro.
A Consellería de Emprego daXunta de Galicia concedeulle ao Concello de Redondela unha subvención de 411.928 euros para o financiamento deste proxecto. O Concello pola súa parte fai unha achega de 46.473,14€.