HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda presentou a súa XXXIII Festa da Langosta e da Cociña...

A Guarda presentou a súa XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira en Marín

- Anuncio -spot_img
  • A festa gastronómica por excelencia da Guarda comezará o próximo venres 4 de xullo coa apertura da carpa ás 12:00h

Hoxe presentamos a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira en Marín, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e veciñas para que nos visiten a próxima semana.

Alí puidéronse desfrutar dos produtos que se poderán degustar no porto da Guarda a próxima fin de semana do 4,5 e 6 de xullo. Os asistentes quedaron abraiados da calidade destes produtos.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deu a benvida a este “pequeno petisco para que poidamos abrir o padal e en 10 días xuntarnos dentro desa carpa, aberta a todo o público con prezos moi populares, para que poidamos degustar da nosa gastronomía”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, sinalou que a Festa da Langosta é “unha festa importante que está xa sinalada no calendario e que pretende ano a ano ir crecendo e ofrece o mellor”.

O próximo venres 4 de xullo abrirase a carpa ás 12:00h para aproveitar ao máximo a fin de semana de boa gastronomía. Xa pola tarde, ás 20:30h será o pregón no porto a cargo de Rafa Durán para continuar co resto da programación de entretemento e musical.

Publicacións Relacionadas