A I Semana grande aterra en Soutomaior cunha ampla programación do 2 ao 7 de agosto

adminON
Lectura mínima de 4

Esta mañá tivo lugar a presentación da I Semana Grande de Soutomaior, unha cita que se celebrou nun dos escenarios da mesma, na contorna da Igrexa de San Salvador. Serán 6 días de festa que contarán coa actuación de Xabier Díaz & Albufeiras de Salitre ou dunha das mellores orquestras de España como é La Misión.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, presentaron esta mañá a programación que o concello de Soutomaior lanza para a I Semana Grande de Soutomaior. Unha presentación que se realizou contando coa colaboración do párroco de Soutomaior, Gabriel Gómez, e na que estiveron convidadas as asociacións veciñais de Soutomaior, as grandes protagonistas desta cita.

Con esta programación dende o concello organizan unhas “festa de primeiro nivel dende o venres 2 ata o mércores 7 de agosto”.

A festa contará con dous torreiros e dous espazos para a súa celebración, un que será o Torreiro da Feira do dez en Candán e o outro, onde tivo lugar a presentación nesta xornada, na contorna da Igrexa de San Salvador.

Tal e como dixo Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior hoxe, “estamos ante un momento importante para Soutomaior, o que estamos aquí facendo pode marcar a semana grande para xeracións, que os nosos fillos e netos sintan que o que vamos a facer é unha grande festa que vai a permanecer no tempo. Isto vai a ser posible na medida en que creamos neste proxecto, en canto e tanto nos impliquemos esta festa evolucionará e medrará acompañando á sociedade que é a auténtica protagonista da mesa”. O alcalde ten claro que “esta é a festa de toda a veciñanza de Soutomaior, de toda a corporación e a min me gustaría que así se entendese sempre e que a primeira semana de agosto sexa recoñecida no calendario como a semana das Festas de Soutomaior”.

Para finalizar Lourenzo dixo que “non podo estar máis ilusionado, esta festa ten valor en termos festivos pero ten moito valor en termos económicos e creo que Soutomaior vai ter unha festa como se merece”.

Programación

A I Semana Grande de Soutomaior comeza o venres 2 de xullo co chupinazo inaugural e co espectáculo da ´Mekánica Rolling Band´ con pasarrúas ata a Igrexa de San Salvador onde a festa continuará coa música da ´Duendeneta´.

O sábado haberá unha sesión vermú a cargo de  ´Desconerto´, unha xornada, o 3 de agosto, onde o prato forte será o directo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estarán a partir das 21:00 h. no Torreiro da Feira do Dez.

O domingo 4 de agosto ás Asociacións Veciñais serán as protagonistas co día da cociña de Soutomaior e o xantar popular, haberá showcooking a cargo de cociñeiros e cociñeiras de Soutomaior e coa celebración dun gran xantar popular.

O luns 5 chegarán as verbenas a esta festa coa presenza dunha das cinco mellores orquestras de España, con La Misión, que actuará a partir das 22:30 h. no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 00:15 h. terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa.

O martes haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade e verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do dez en Candán.

Xa na xornada do mércores 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior.

Comparte este artigo