Descubriuse unha placa acompañada dos acordes do himno de Galicia interpretado pola Banda de Música Municipal e o historiador José Benito García pronunciou unha conferencia sobre A Lama de hai 100 anos.
O alcalde da Lama, David Carrera, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu os actos conmemorativos do centenario da construción da Casa Consistorial, un evento no que se homenaxeou ás persoas que formaron parte das distintas corporacións municipais desde o comezo da democracia e tamén se gardou un minuto de silencio polos edís falecidos.O acto protocolario incluiu, ademais dunha conferencia introdutoria a cargo do historiador José Benito García sobre A Lama hai 100 anos, o proceso construtivo do Consistorio e a figura do arquitecto Antonio López Hernández, autor do proxecto da Casa Consistorial, modernista e membro do movemento Art Nouveau da Coruña, tamén se impuxo a insignia do Concello aos concelleiros que formaron parte dalgunha Corporación Municipal desde o ano 1979 e se descubriu unha placa conmemorativa da efemérides na fachada do edificio municipal.José Benito García centrou a súa intervención en relatar o acordo tomado pola Corporación Municipal de 1917, que presidía como alcalde Lino Contreras Moreira, de construir unha Casa Consistorial, o orzamento inicial de 25.000 pesetas daquela e a máis de 30.000 pesetas ao que foi, ao final a execución da obra que non estivo ausente de inconvintes que provocaron que os traballos se prolongaran por espazo de 6 anos ata rematar no 1924 data en que foi ocupado o edificio pola Corporación e o Xulgado.Segundo desvelou José Benito García, realmente este edificio foi inaugurado hoxe xa que se foron ocupando as súas dependencias e nunca se celebrou ningún acto de estreno oficial do que se teña constancia.Rematada a conferencia de José Benito García, o alcalde David Carrera procedeu a impoñerlle a insignia do Concello da Lama aos concelleiros e concelleiras presentes a quen agradeceu o esforzo, o traballo e a dedicación que durante os seus respectivos periodos de mandato realizaron en beneficio da veciñanza.A continuación, os homenaxeados baixaron ata a entrada principal do edificio onde o alcalde, David Carrera, e o concelleiro de maior idade, Horacio Cal Carrera, foron os encargados de descobrir a placa conmemorativa do centenario mentras sonaba o himno de Galicia interpretado pola Banda de Música Municipal da Lama.O acto rematou cunha foto de familia de todos os homenaxeados que compartiron un ágape servido na planta baixa do Consistorio, lugar que ocuparon nos seus orixes os calabozos de homes e de mulleres do Xulgado do ano 1924.

