Home O Morrazo Marín A nova ordenanza de terrazas mellorará a estética do espazo público

A nova ordenanza de terrazas mellorará a estética do espazo público

- Anuncio -

O Pleno da Corporación tratará o documento administrativo para a súa aprobación definitiva. Entre as novidades, establecerá pautas para a instalación de mobiliario e modificará os horarios de instalación e retirada da mesma.

A aprobación desta ordenanza é o broche final a unha batería de medidas de apoio ao sector, entre as que destacan a ampliación a case o dobre de mesas para paliar as consecuencias económicas das restricións sanitarias e a exención da taxa de terrazas, que supuxo un esforzo económico de 40.000 euros cada ano.

A ocupación do espazo público e a súa distribución para dar resposta ás demandas do sector económico e da cidadanía é esencial. Por iso, o Concello leva traballando intensamente nos últimos meses na posta en marcha dunha nova Ordenanza reguladora das licenzas de instalacións de terrazas no Concello, que mañá será elevada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva.

O documento, que estivo a exposición pública, recibiu dúas alegacións, que foron desestimadas polo equipo técnico municipal. Despois foi tratada tamén na Comisión Informativa de Medio Ambiente, onde foi dictaminada favorablemente polos tres grupos políticos con representación na Corporación.

A concelleira Marián Sanmartín explica a importancia que ten esta nova ordenanza, “porque nos permitirá homoxeneizar a estética das nosas terrazas e mellorar en todo o posible o reparto do espazo público”.

A súa aprobación é o broche final para toda unha serie de medidas de mellora que se aplicaron para o sector hostaleiro por mor da pandemia e que melloraron sustancialmente a súa situación, “xa que foi un dos sectores máis castigados polas medidas e por iso, desde o primeiro momento, tratamos de axudarlles a levar o mellor posible as consecuencias”, explica Sanmartín.

De xeito concreto, estas medidas supuxeron, por unha banda, a duplicidade das mesas de terrazas dispoñibles, pasando dun total de máis de 300 a superar as 600 mesas. Estas ampliacións, que se fixeron sempre da man dos técnicos municipais e preservando os espazos para os peóns, “permitiron aos locais aumentar o número de mesas nas súas terrazas á vez que respectaban as limitacións de aforo”.

Pero é que ademais, ese aumento non se viu traducido nunha maior carga fiscal para a hostalaría, porque o Concello tomou a decisión de eximir do pago desta taxa durante todo do 2020 e o 2021. En total, o Goberno local calcula que supuxo unha redución de 40.000 euros de recadación, “pero sabemos que foi unha medida que axudou ao sector no peor momento”, e que se sumou a outras bonificacións fiscais aplicadas a todos os establecementos que nalgún momento tiveron que pechar pola situación sanitaria.

Principais novidades da ordenanza

  1. Con esta nova ordenanza, facilitarase o pago das taxas de pago de terrazas, xa que se poderá facer de maneira fraccionada a través do padrón fiscal. Esta taxa comezará de novo a pagarse a partir do 2022 despois de dous anos de exención, como se explicaba antes.
  2. Valorarase moito máis a estética das terrazas, coa finalidade de homoxeneizar o espazo público e loitar contra o feismo. Proporanse múltiples opcións dentro dunha mesma liña estética dos principais elementos de mobiliario: mesas, cadeiras, paraventos, parasois, toldos, toldos telescópicos…
  3. Realizarase un control aínda máis exhaustivo para garantir que se cumpre coa normativa e non se dan situacións nas que non se respecte o espazo público para o tránsito de peóns.
  4. Amplíanse os horarios de instalación e retirada das terrazas. A instalación ata agora era ás 09.00 durante a semana e ás 08.30 durante a fin de semana. Agora pasará a ser a partir das 08.00 todos os días. Sobre o peche, ata agora no inverno era á 01.00 durante a semana e ás 02.30 na fin de semana, e entre o 1 de abril e o 30 de setembro estes horarios ampliábanse ás 02.30 e ás 03.30 respectivamente. Ca nova ordenanza pasará durante todo o ano e todos os días ás 02.30 no caso dos bares e terán 30 minutos para a recollida.
  5. Maior variedade nas medidas das mesas. Ata agora, considerábase que cada mesa ocupaba 2×2. Agora, os establecementos que teñan espazos terrazas máis reducidos poderán usar outras medidas para repartirse mellor e, no caso dos locales de restauración, tamén poderán colocarse mesas máis grandes.
  6. Dada esta novidade, o pago da taxa xa non será por unidades de mesa (calculábase 4 metros cadrados por cada unha), senón que será polos metros cadrados de espazo ocupado, incluindo os corredores que se crean entre as mesas, xa que non son un espazo que poida ser utilizado pola cidadanía.

O prazo de adaptación do sector para cumprir con todas as esixencias estéticas da ordenanza será de 2 anos desde a súa entrada en vigor. No que respecta ás novas licenzas, outorgaranse por un máximo de catro anos, aínda que deberán renovarse anualmente. Pasados eses catro anos, será preciso solicitala de novo, presentando toda a documentación.

A concelleira indicou que, pasado o Pleno da Corporación, manterá unha reunión con representantes do sector para entregarlles en man a ordenanza e explicarlles, punto por punto, as novidades da mesma e escoitar as súas dúbidas e demandas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas