A Oficina de Turismo de Cuntis prestou Aasesoramento a visitantes de diferentes países ao longo do mes de xullo

adminON
Lectura mínima de 3

Se ben máis do 75% das persoas que solicitaron información nas  dependencias situadas na Praza dos Árboles proviñan doutras  Comunidades Autónomas de España, tamén se achegaron ata as  instalacións turistas de Hungría, Suíza, Bélxica ou Vietnam 

O Concello percibe un incremento de visitantes que chegan á vila  percorrendo a Vía Mariana 

Preto de 150 visitantes recibiron asesoramento  e información na Oficina de Turismo de Cuntis, situada no edificio da Casa de  Cultura Roberto Blanco Torres, ao longo de todo o mes de xullo. Así consta na  memoria elaborada desde a área de Turismo, na que se constata que, se ben  boa parte das persoas atendidas proviñan de diferentes cidades de España,  tamén requiriron de información sobre os atractivos turísticos da contorna  turistas doutros países. Estes datos confirman a tendencia positiva dos últimos  anos, nun mes de xullo que estivo moi condicionado pola meteoroloxía, xa que  o bo tempo non se consolidou practicamente ata os últimos dez días previos a  agosto.

Con respecto á procedencia dos e das visitantes, arredor dun 78% das atención corresponderon a persoas de Madrid, Cataluña, Andalucía e Extremadura, así  como de Euskadi. Pero Cuntis tamén está consolidado como un destino e unha  zona de visita moi interesante para estranxeiros e estranxeiras, como así o  amosan os datos da Oficina de Turismo. Hungría, Suíza, Bélxica ou Vietnam son  algúns dos países dos que proviñan algúns dos usuarios e usuarias. Á hora de  solicitar información, suscita moito interese o castro de Castrolandín, así como a  historia e a ampla oferta termal de Cuntis, sen esquecer as diferentes rutas de  sendeirismo existentes no municipio.  

Ademais, este ano tamén se nota un incremento de persoas que están a  percorrer a Vía Mariana, habilitada desde 2018. Cómpre lembrar que Cuntis é  un dos 13 concellos da provincia de Pontevedra pola que pasa esta senda, que  enlaza os 400 quilómetros existentes entre os santuarios de devoción mariana  da localidade portuguesa de Braga e Muxía. O alcalde, Manuel Campos, lembra  que o Concello apostou desde o primeiro momento por implicarse na promoción  desta vía, xa que “supón un reclamo máis a maiores para atraer visitantes e dar  a coñecer os encantos do noso concello”. 

Á marxe das visitas particulares, hai que salientar que tamén se realizaron varias  visitas guiadas, co asesoramento do técnico municipal de Turismo.

Comparte este artigo