A Oficina Móbil do Retorno da Xunta de Galicia chega a Ponteareas para asesorar ás persoas que volveron da emigración

adminON
Lectura mínima de 1

• A iniciativa ofrece unha atención personalizada para a integración das familias retornadas a Galicia

• O obxectivo é axudar ás persoas a desenvolverse no plano profesional e empresarial

O Concello recibe este xoves día 25 a Oficina Móbil do Retorno, impulsada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de axudar á integración de todas as persoas e familias retornadas da emigración que precisen apoio das administración públicas.

O proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo FSE+, ofrece unha integración sociolaboral en Galicia, axudando ás familias retornadas en trámites administrativos, asistencia sanitaria, vivenda, formación, orientación laboral e emprendemento así como distintas prestacións ou axudas para mellorar a súa situación.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa no 900 103 722 ou no portal web da secretaría xeral de emigración.

Comparte este artigo