Os días 28 e 29 de xuño Soutomaior celebrará o día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ coa súa festa, A Orghullosa. Unha cita que contará con moitas actividades, todas elas de balde, entre as que destacan unha andaina, obradoiros, faladoiros e concertos. O 29 de xuño poderemos desfrutar, no Peirao, do directo de Mondra e Flow do Toxo.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa e a directora do CIM, Cristina García presentaron nesta xornada A Orghullosa, a 1ª Festa das identidades diversas e disidentes que conmemora o día internacional do orgullo LGBTBIQ+.
Unha festa que se celebrará os días 28 e 29 de xuño baixo o paraugas do programa Soutomaior Inclusivo, de tal xeito haberá cascos anti-ruído, plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos. Unha festa que estará adaptada para que todas as persoas que queiran, sen importar a súa condición, poidan desfrutar de todas as actividades.
Para dar comezo a esta celebración lánzase a iniciativa “Fiestras Orghullosas”, de tal maneira que o concello pon a disposición de todas as persoas empadroadas interesadas unha bandeira para decorar as súas fiestras e balcóns como visibilización do orgullo LGTBIQ+. As inscricións para poder recoller dita bandeira serán en liña do 17 ao 21 de xuño.
O día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o 28 de xuño, chegará cun obradoiro de Contos e Legos impartido pola sexóloga Hadriana Ordóñez e cun faladoiro sobre “a realidade LGBTBIQ+ actual”.
O día grande será o sábado 29 no que a actividade comezarán ben cedo cunha andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQ+ que terá como punto de partida o parking do Castelo de Soutomaior. Unha andaina que contará cun percorrido de 9 kilómetros e cuxa inscrición será en liña a partir do 8 de xuño. Trala andaina a festa trasladarase ao Peirao onde terá lugar unha sesión vermú a cargo do Dúo Aldaolado seguido do Mari Picinc onde toda persoa que desexe participar poderá facelo levando unha tortilla, un bolo de pan un instrumento e como dixo a concelleira Rosana Martínez Boullosa “tendo ganas de compartir”.
Xa pola tarde terá lugar o laboratorio de Contos e Legos impartido por Hadriana Ordóñez e o Laboratorio creativo de bordado impartido por Maritza Berttolini onde poderás deseñar e crear a túa propia bandeira da Orgullosa, as inscricións para este obradoiro abriranse, en liña, o 17 de xuño. E ás 19:30h. as crianzas poderán desfrutar dun obradoiro de construción comunitaria dunha bandeira xigante de globos LGTBIQ+.
Xa pola noite chegarán os pratos fortes desta Orghullosa co directo de Flor do Toxo ás 21:00 h. e o de Mondra que dará comezo ás 23:00 h. Ambos concertos terán, como o resto das actividades entrada libre e serán no Peirao de Arcade.
Durante todo este tempo, de 21:00 a 003:0 h. tamén estará abeto a Punta Orghullosa, no Punto Lila. Un punto de información sobre asociacións LGTBQ+ en Galicia e tamén con información do Punto Lila para prevención das violencias machistas.
Todas as actividades organizadas en torno á Oghullosa serán de balde e as que precisan inscrición serán en https://www.gabinetesoutomaior.com/
Dende o concello convidan a todas as persoas a desfrutar desta Festa en igualdade e respecto.

