Home Pontevedra A orquestra París de Noia abre o Entroido de Redondela que contará...

A orquestra París de Noia abre o Entroido de Redondela que contará con catro días de festa

- Anuncio -

-As celebracións comezarán o sábado 1 de marzo co Entroido Infantil e Xuvenil. Haberá obradoiros na Alameda Castelao e o espectáculo do Mago Noel. A música correrá a cargo de The Turre´s Band cun animado pasarrúas antes do gran concerto da orquestra París de Noia no campo da Feira. O domingo será o desfile das comparsas.

– O Martes de Entroido a programación inclúe concurso de disfraces, actuacións musicais e a queima do Meco. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala a importancia desta xornada tan tradicional en Redondela “que reúne a grupos de amigos e familias completas que viven esta festa nas rúas da vila”. En Chapela o Entroido celebrarase o sábado 8 de marzo.

– O Concello prepara unha ampla programación para darlle “máis pulo aínda” a esta tradicional festa. “O Entroido de Verán de Redondela é moi coñecido, pero queremos que o Entroido de Inverno sexa tamén unha gran festa para todos”, apunta a concelleira Rita Pérez Táboas.

O sábado 1 de marzo comezan as celebracións do Entroido en Redondela. A rapazada será a protagonista desta xornada co Etroido Infantil e Xuvenil con obradoiros na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. A Praza da Constitución acollerá o espectáculo do Mago Noel ás 17.30 horas, co show “Que curioso!”, un espectáculo de maxia moi participativo e colorido. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas polo centro da vila desde as 18.30 horas. A partir das 22.00 horas o Entroido deste 2025 repetirá a festa do sábado noite no campo da feira. Nesta ocasión será a orquestra París de Noia a encargada de poñer o ritmo a unha xornada chea de baile e diversión. “Será un gran comezo do Entroido para animar á veciñanza nunhas festas que son unha tradición en Redondela, onde se vive esta celebración dun xeito moi especial”, sinala a concelleira de Cultura Rita Pérez.

O día 2 de marzo, domingo de Entroido, ás 17.00 horas terá lugar a concentración das comparsas no Campo da Feira. Ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a tradicional comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila. Ás 20.30 horas será a entrega de premios.

Martes de Entroido

O día 4, Martes de Entroido, é un día grande en Redondela, coa participación de veciños e veciñas de todas as idades. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala a importancia desta xornada tan tradicional nas festividades de Redondela “que reúne a grupos de amigos e familias completas con participantes de todas as idades que viven o Entroido na rúa, por iso desde o Concello poñemos todo da nosa parte para que sexa un día moi especial cheo de actividades”. Ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas.

Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 e ata as 19.30 horas. As rúas contarán con moita animación da man da batucada de Latexo Percusión. O seu espectáculo de batucada mistura ritmos dos blocos afro brasileiros con  outros universos musicais como o reggae, o funk ou a salsa.

Ás 19.00 horas, fiel á súa cita, celebrarase a queima do Meco co espectáculo “Pachamama” de Troula Animación. A festa continuará pola noite desde as 20.30 horas coa música do grupo Hey Hematoma, que fará bailar aos público coas cancións de Siniestro Total na praza da Constitución.

Entroido en Chapela

O sábado día 18 celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas reuniranse ás 17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado  polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealoga. A queima do Berete será ás 20.15 comezará. A xornada pecharase coa música da discoteca móbil que comezará a sesión ás 20.45 horas no paseo marítimo de Chapela.

O Concello prepara unha ampla programación ao longo de catro días para darlle “máis pulo aínda” a esta tradicional festa. “O Entroido de Verán de Redondela é moi coñecido, pero queremos que o Entroido de Inverno sexa tamén unha gran festa para todos”, apunta a concelleira Rita Pérez Táboas.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas