A Ostra de Arcade chega aos centros educativos do concello da man de divulgaciencia

adminON
Lectura mínima de 4

No encadre do Programa 3ª edición Divulgaciencia este ano tamén ten cabida a Ostra de Arcade. Dende o Concello queren, desta maneira, apostar pola biodiversidade e riqueza que temos no municipio de Soutomaior arredor do mar; poñer en valor a Ostra de Arcade no plano festivo pero tamén no plano cultural, social e científico.

Divulgaciencia é unha proposta educativa coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico – tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral. Engloba actividades dirixidas a todos os públicos para contribuír a    aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía apostando polo fomento das vocacións científicas entre a mocidade nas diferentes áreas do saber.

O programa consta de actividades de obradoiros, dunha Feira de ciencia e tamén de roteiros medioambientais. Esta ano, por primeira vez, o concello de Soutomaior vai a vincular os contidos do  Roteiro 1. Soutomaior mira ao mar, á Ostra porque entenden, dende o Goberno Local, que este molusco forma parte da riqueza económica, cultural e social do municipio e buscan que as persoas máis novas comprendan a importancia que ten a biodiversidade coa que conta a enseada de San Simón no municipio como puntos no que auga salgada e doce se mesturan, unha característica que dá acubillo a formas de vida moi particulares.

A actividade contará con dúas partes, a primeira parte que se realizará na zona do Peirao de Arcade (unha parte que xa realizaron nesta semana o alumnado da ESO do Colexio Santiago Apóstol) e onde as e os asistentes coñecerán máis sobre o sistema de cría de mexillóns e ostras como parte das nosas paisaxes litorais e a súa relación cos factores oceanográficos e culturais; realizarán tamén observación e identificación de aves na enseada (garzas, corvos mariños, biluricos, parrulos…), para ir descubrindo as principais especies que viven ao noso carón e a súa importancia no equilibrio da contorna condicións destes lugares. Ostras, ceba e muxes, tres exemplos de resistencia.

E, a segunda parte denomínase  “Ostras! A vida entre as cunchas” e consiste nunha actividade de aula nos centros educativos mediante a cal a través de dinámicas participativas, recursos visuais (vídeos, fotografías e ilustracións), e técnicos (lupa de aumento) descubrirán os segredos da ostra e a súa historia no litoral da enseada. Unha actividade de investigación científica para falar do pasado, presente e futuro para crear entre todas e todos os posibles proxectos de futuro para a ostra.

Nesta actividade participarán máis de 180 mozos e mozas escolarizados no IES Soutomaior, no Padín Truiteiro e no Santiago Apóstol. Os primeiros en realizar esta actividade foron as alumnas e alumnos da ESO do Colexio Santiago Apóstol.

Desde o Concello queren, desta maneira, apostar pola biodiversidade e riqueza que temos no municipio de Soutomaior arredor do mar; poñer en valor a Ostra de Arcade no plano festivo pero tamén no plano cultural, social e científico para mellorar o aproveitamento dos recursos naturais desde a sensibilidade e concienciación medio ambiental. Son moitas as razóns que xustifican que se leven XXXVI anos adicando a festa máis importante do municipio a este molusco e por iso imos o obxectivo do Goberno Local é o de seguir construíndo novos espazos educativos para facelo posibl.

Comparte este artigo