A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde Luciano Otero no concello

adminON
Lectura mínima de 3

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio das obras nesta vía crucial. A estrada, que actualmente representa un risco significativo debido ao seu mal estado, foi obxecto de controversia tras o cambio de goberno na Deputación de Pontevedra.

Fai uns días, os membros da plataforma levaron as súas protestas ao Pleno da Deputación polo evidente abandono da estrada e  a falta de compromisos firmes, a pesar de que a súa reparación xa fora aprobada pola administración anterior. Co recente cambio de goberno, o malestar veciñal foi a máis ao non darse iniciado unhas obras que xa foran prometidas e ante o silencio do novo goberno provincial.

Nestes días a Deputación envioulle ao Concello de Pazos de Borbén un borrador de convenio segundo o cal o Concello tería que aportar 40.000 euros para expropiacións, o que permitiría dispoñer dos terreos e licitar a obra o antes posible.  Un incremento considerable respecto do anterior borrador co goberno saínte, onde a achega municipal non chegaba a 15.000 euros. Isto a pesar de que a postura do Partido Popular sempre foi que o Concello non tiña que aportar nada por tratarse dunha vía provincial.

Na reunión urxente coa Plataforma, o Alcalde Luciano Otero explicou que o Concello non vai entrar en guerras políticas e vai priorizar que esta inversión tan necesaria saia adiante, consciente da importancia vital de reparar esta estrada estreita e altamente transitada, que representa un perigo para a seguridade debido ao tráfico de vehículos pesados. Así, o goberno local está traballando activamente para incluír eses 40.000 euros no borrador do novo orzamento municipal que levara a Pleno proximamente. Inda que o partido de Otero non ten maioría no pleno, dado o interese xeral destas inversións espera que contar coa aprobación da maioría.

Ademais, Otero insta á Deputación a avanzar coa segunda fase da obra, xa que estamos dun trámite laborioso que require poñerse a traballar xa para non eternizar a espera. Comprométese a xuntar os fondos necesarios para as expropiacións requiridas, xa que considera que a rehabilitación desta vía é unha prioridade para o goberno local.

Esperamos que esta información sexa de utilidade para a comunidade e que se tomen medidas rápidas para mellorar a seguridade viaria na zona. O Concello e a Deputación deben traballar xuntos para garantir que os cidadáns poidan circular con tranquilidade e sen riscos nesta importante estrada.

Comparte este artigo