HomePontevedraA poeta Silvia Penas inaugura a Feira do Libro de Redondela

A poeta Silvia Penas inaugura a Feira do Libro de Redondela

- Anuncio -spot_img

A Feira do Libro de Redondela abriu oficialmente as súas portas este mediodía cun acto inaugural que contou co pregón da poeta Silvia Penas, dando así comezo a catro días de celebración arredor da lectura e da cultura. Baixo o lema “Onde florecen os libros”, a Alameda de Redondela converterase ata o domingo 15 de xuño nun espazo de encontro entre lectoras, lectores e profesionais do libro, cun amplo programa de actividades culturais e sinaturas.

A alcaldesa, Digna Rivas, eloxiou a escolla de Penas como pregoeira, unha muller “brava” que é todo un referente non só na literatura, senón tamén “polo seu posicionamento feminista e unha visión crítica da sociedade”. Rivas agradeceu á Federación de Librarías e, especialmente, aos establecementos de Redondela, a súa participación nesta feira que ofrecerá tanto aos redondeláns como aos visitantes unha ampla selección de libros e tamén interesantes actividades lúdicas e culturais, así como encontros con autores e autoras.

O acto inaugural contou coa participación de Dositeo Pérez, da Librería Imprenta, en nome da Federación de Librarías de Galicia, e Jorge Cubela, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra.

A edición deste ano da Feira do Libro de Redondela conta coa participación de sete librarías: La Imprenta, Moliere, Mandamamá, Galgo Azul, Libraría Pedreira, A Gata Tola e Uróboros, que ofrecerán aos visitantes unha variada selección de títulos cun desconto do 10%.

Publicacións Relacionadas