A Popular Baixada de ‘Carros de Bolas’ de Camos regresa o sábado 14 de setembro

adminON
Lectura mínima de 2

O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de setembro ás 22:00 horas no 636988765

Sairán do Torreiro de San Roque para desviarse pola rúa Xuncido e afrontar un maior desnivel e unha rasante natural cunha curva na meta de 90 grados, acadándose velocidades superiores aos 100 km/hora

Os verdadeiros ‘autos locos’ regresan o sábado 14 de setembro a Camos para deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia. O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural ‘A Camoesa’ organizan a ‘XVI Baixada de Carrilanas’ na rúa San Roque e Xuncido. Como xa é habitual, volverán a saír do Turreiro, virarán á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) para afrontar maior desnivel, unha rasante e unha curva no trazado de 90 grados na propia meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os vólidos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora. A proba desenvolverase durante toda a mañá, comezando ás 9:30 horas. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de setembro ás 22:00 horas no 636988765

“Como é o caso do ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, a baixada de carros de bolas de Camos é tamén un evento moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan e ao mesmo tempo tamén moi espectacular polas velocidades que acadan e o propio trazado”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir e a participar no evento.

Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. As carrilanas forman parte da tradición popular de Camos, sendo un dos “xoguetes artesanais” máis apreciados pola rapazada da parroquia.

Comparte este artigo