Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño A Porrigalia Xunta a máis de 8.000 persoas no Porriño na segunda...

A Porrigalia Xunta a máis de 8.000 persoas no Porriño na segunda xornada

- Anuncio -
  • ●       Carpa de 500 m2 e pantalla xigante para ver o partido da final da Eurocopa e animar á selección española
  • ●       O resto da programación da Porrigalia prevista para esta tarde queda suspendida por alerta amarela de choiva

As probas olímpicas da Porrigalia tiveron lugar durante a tarde do sábado e a mañá de hoxe. Máis de 8.000 persoas acudiron onte ao Porriño a vivir os xogos olímpicos e gozar de todas as actividades. As Olimpiadas Técnicas, celebradas onte e hoxe pola mañá en diferentes zonas da vila, amosaron a grandeza do deporte compartido entre amigos e familia, nun ambiente festivo, onde a diversión era o motor e o premio máis importante.

Nas probas olímpicas da Porrigalia participan todos e todas, grandes e pequenos, con probas conxuntas, como as carreiras de carretillas, ou individuais como os saltos de lonxitude ou altura, o tiro con arco, o lanzamento de peso ou a loita greco-romana, entre outras.

A rapazada tamén tivo a súa proba de obstáculos o sábado, o Gladiator Kids, con máis de 200 participantes de entre 3 e 10 anos que amosaron as súas habilidades e velocidade nos circuitos de 500 e 800 metros na praza 8 de Marzo.

A mañá de hoxe culmina co concerto dos Gin Toni’s no que se xuntan varias xeracións para cantar e bailar os éxitos da música española dos 80 e 90 na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

Carpa e pantalla xigante para ver á selección española

Na rúa Domingo Bueno hai instaladas unha carpa de 500 m2 e unha pantalla xigante para que todos o porriñeses e porriñesas poidan ver e animar á selección española de fútbol no partido da final da Eurocopa ás 21:00 h.

O resto da programación da Porrigalia e Holigalia para esta tarde súspendese pola alerta amarela por choiva

Relacionadas

As bandas de música de Jumilla e Tui actúan este venres na praza de...

0
Será ás 21 h no XXIX Festival de Bandas de Música O son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21...

Tomiño rehabilita o lavadoiro da Portela, na parroquia da Sobrada

0
O Concello continúa coa súa labor de recuperación do patrimonio etnográfico e arquitectónico do municipio para o desfrute da veciñanza O Concello de Tomiño continúa...

Redondela acolle a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos

0
O Campo da Feira de Redondela acolle o vindeiro 31 de agosto a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos, organizada polo Motoclub Redondela e...

O concello do Porriño aproba o seu orzamento máis alto: 21 M de euros

0
O orzamento, que foi aprobado inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden...

O Grupo Municipal Socialista de Redondela demanda manter o actual canon de Sogama

0
- Os socialistas levarán ao próximo pleno do mes de agosto unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba...

Mes de proba gratis no Club Natación Mos

0
O Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuíto, en setembro ou outubro, a nenos nados entre os anos 2017 e 2012. O Club...

Publicacións Relacionadas