Participaron 50 persoas con discapacidade intelectual de toda a comarca como antesala do Campionato de España de Parasurf que ten lugar mañá sábado
“Patos é xa sinónimo de inclusión e diversidade en toda España e do surf universal. Esta competición ofrécenos cada ano unha lección de vida “, explica o alcalde, Juan González
Apraia de Patos foi escenario durante toda a mañá da ‘VI Copa Concello de Nigrán’ de surf inclusivo. Esta proba organizada desde o Concello e Quenlla Surf Clube (único clube galego adicado á diversidade e con sede en Nigrán) está adicada ás persoas con discapacidade intelectual. A Copa Nigrán, con finalidade lúdica e non competitiva, reuníu a medio cento de persoas usuarias de diferentes centros de educación especial da comarca e practicamente ao mesmo número de monitores voluntarios.
“Patos é xa sinónimo de inclusión e diversidade en toda España e do surf universal. Esta é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano. Ofrecennos unha lección de vida e de superación únicos”, reitera o alcalde, Juan González, xa que, ademais, a proba servíu de antesala ao ‘Campionato de España de Parasurf’ que se celebra mañá sábado en Patos e que reúne aos mellores deportistas con discapacidade física do ranking nacional, entre eles o madrileño Andrés Campos (subcampión de España en categoría Visual 1, correspondente a cego absoluto), o gaditano Titi Feria (subcampión de España afectado de esclerose múltiple que compite en Prone 2) e malagueña Sarah Almagro, bicampiona mundial de surf amputada das catro extremidades. Ambos eventos están promovidos desde Quenlla Surf Clube , Federación Galega e Española de Surf e Concello de Nigrán.

