Este próximo sábado 13 e domingo 14 celébrase a XXI Edición do Trofeo Nigrán da liga Galega de Surf Kids e Junior na Praia de Patos (Nigrán). A proba está organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán.
Esta fin de semana na Praia de Patos (Nigrán) celebrarase a XXI Edición do Trofeo Nigrán da liga Galega de Surf Kids e Junior na Praia de Patos na que competirán todas as categorías feminina e masculina de Sub 21, Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 Mixto. A Federación Galega de Surf, coorganizadora da proba xunto a Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán, deu o pasado martes o visto e prace á celebración desta proba na que competirán novas riders de toda Galicia. O parte de ondas prognostican boas ondas para o sábado temperán e a última hora da tarde, xornada na que competirán os Juniores (sub 21/18/16) e condicións máis amables o domingo pola mañá para a categoría Kids (sub 14/12/10). Á proba asistirán deportistas dos equipos dos clubs máis importantes de toda Galicia acompañados dos seus técnicos e familiares, ademais as altas temperaturas case estivais desta fin de semana aseguran un ambiente festivo no areal de Patos.
Case 120 surfeiros do novo zume do surf galego farán brillar o escenario idílico da praia de Patos coas súas manobras e acrobacias sobre a táboa. Á entrega de premios asistirán o alcalde de Nigrán, Juan González, e a concelleira de deporte, Sara Penedo. O sábado despois da entrega de premios haberá festa de celebración O Monopatín (Rúa Tomás Mirambell, 101, 36340 Nigrán).
A 1ª Etapa de Liga Galega de Surf Juniors e Kids está organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio dos patrocinadores Alumisel, Auga Sa e coa colaboración especial de Mission Surf Shop, Noetta Shop. Idden Store, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

