O Concello de Ponteareas ultima os detalles da terceira xornada da Feira do Libro, na que os actos principais xirarán arredor de dúas figuras chave para a localidade, Arístides Carrera e Alfonso Pexegueiro, pero na que continuarán as presentacións e sinaturas de grandes autores e autoras.
A xornada do sábado comezará pola mañá, a partir das 12:00 horas, co espectáculo familiar “Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia”, patrocinado por Deleite (na rúa Rogelio Groba) e continuará, ás 12:30 horas, coa performance de presentación de ‘Mala letra en mi libreta’ de Javier Santalices (Talón de Aquiles), con Tamara Barrasa e David Barros.
No relacionado coas sinaturas, na queda da mañá estarán ás 12:00 horas Carlos Gabriel Fernández asinando ’50 lugares sagrados de Galicia’, na caseta da libraría Uróboros; Javier Regueira Serrano asinará ‘El límite Kallmanm’, na caseta da libraría Ledo; e Alba López Paredes asinando as súas obras ‘Glesea 1 e 2’, ‘Nándinor’ e ‘La leyenda de Noa’, na caseta da libraría Porto.
O prato forte da tarde comezará ás 18:00 horas, momento no que o ponteareán Arístides Carrera presentará os libros que forman parte da súa colección ‘Nomes dos lugares, patrimonio e historia’.
A segunda presentación da tarde será a do libro de literatura infantile ‘Bonecas’, de Raquel Castro, que recibiu o Premio O Facho de Teatro Infantil 2024.
O broche de ouro da xornada será a presentación da edición conmemorativa de ‘Seraogna’, de Alfonso Pexegueiro, que estará acompañado por Paula Domínguez e Fátima Ferreiro. Para rematar, vivirase un momento emotive no que se realizará unha lectura pública de Seraogna.
A partir das 18:00 horas, tamén continuarán as sinaturas e atenderán aos lectores María Tarela, asinando ‘Vagalumes’, na caseta da libraría Terra; ás 18:30 horas Ramón D. Veiga asinará ‘Pernascochas’ e o resto da súa obra, na caseta da libraría Porto; ás 19:00 horas Javier Regueira asinará ‘El límite Kallmanm’, na caseta da libraría Uróboros; ás 19:30 horas, o pregoeiro desta edición da Feira do Libro, Rafael Rodríguez ‘Rafita’, asinará a súa obra ‘Futbolista pobre, futbolista rico’, na caseta da libraría Ledo; e ás 19:30 horas, Alba López Paredes estará asinando as súas obras ‘Glesea 1 e 2’, ‘Nándinor’ e ‘La leyenda de Noa’, na caseta da libraría Porto.
Consulta o programa completo aquí:
https://drive.google.com/file/d/1Cnwm0euFcnPfAaAfBSH40lK4pqsAn5Dl/view

