HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre o día 28 a inscrición para un...

O concello de Nigrán abre o día 28 a inscrición para un paseo en barco pola ría de Arousa con mariscada o sábado 7 de xuño

- Anuncio -spot_img

Está dirixida a todos os públicos (prioridade empadroados en Nigrán) e o custe é de 40 € por persoa coa posibilidade de cambiar o menú por parrillada de peixe ou carne

O Concello de Nigrán ofrece unha excursión en barco pola ría de Arousa o sábado 7 de xuño con mariscada a bordo (existe a opción de parrillada de carne). Está dirixida a persoas maiores de idade con prioridade empadroados no municipio e o custe é de 40 euros por persoa que inclúen transporte en autobús, paseo en catamarán con visión submariña e comida con baile posterior. A inscrición é o mércores 28 de maio de 10:00 a 12:00 horas no salón de Plenos do Concello e as 100 prazas distribuiranse por rigorosa orde de solicitude (máximo dúas por solicitante). Os interesados terán que elixir no momento da inscrición o menú que desexen, estando a mariscada composta por empanada, boi de mar, 4 langostinos, 3 ostras cocidas, 4 cigalas e mexillóns (a maiores bebida e sobremesa). A excursión comprende todo o día, saíndo do Concello sobre as 10:00 horas e embarcando no Grove ás 14:00 horas cunha duración dunhas 2 horas e parada posterior na aldea dos Grobits de camiño a Nigrán.

Publicacións Relacionadas